publicidade hoxe

Un veciño de Poio foi detido como suposto autor de varios delitos contra a propiedade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasPoioSoutomaiorSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a M.J.J., de 33 anos de idade e veciño de Poio, como suposto autor de catro delitos de roubo con forza noutros tantos camións de repartición estacionados en Cangas e Arcade (Soutomaior).

Estes feitos delituosos foron realizados en horas nocturnas e aproveitando que os vehículos estaban cargados cos produtos que ao día seguinte tiñan que repartir.

As mercadorías subtraídas consistiron en lambetadas, xamóns e embutidos e produtos lácteos, cuxo valor podería ascender aos 11.000 euros.

Esta detención é froito das investigacións que, compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Cangas do Morrazo, viñan realizando por mor das denuncias presentadas.

O detido, que conta con antecedentes policiais, foi conducido ás dependencias onde despois de instruír as correspondente dilixencias, quedou en liberdade coa obrigación de presentarse ante o Xulgado de Instrución número UN de Cangas do Morrazo cando para iso sexa requirido.

1 de decembro de 2014 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.