un veciño de Cangas foi detido como suposto autor de varios roubos no interior de vivendas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a J.B.P., de 47 anos de idade e veciño de Cangas, como suposto autor de nove delitos de roubos con forza en interior de vivendas, dúas delas en grao de tentativa, no municipio de Cangas.

Ante as denuncias presentadas no Posto Principal da Garda Civil de Cangas por roubo con forza en distintas vivendas do municipio, compoñentes do referido Posto iniciaron as correspondentes investigacións.

Así, no día de onte, púidose deter ao suposto autor dos referidos ilícitos, o cal foi conducido ás dependencias oficiais ao obxecto da instrución das dilixencias, onde o mesmo confesou ser o autor dos mesmos.

Estes roubos foron perpetrados nos últimos meses na zona de Nerga, termo municipal de Cangas, que J.B.P. coñecía á perfección así como á maioría dos habitantes por ser, tempo atrás, residente na mesma e aproveitando este coñecemento buscaba o momento en que os inquilinos se atopaban fóra, despois de velos no bar ou supermercado, para despois de forzar xanelas ou portas entrar na vivenda levándose diñeiro e xoias.

O detido, que conta con antecedentes policiais, quedou en liberdade coa obrigación de presentarse ante o Xulgado de Instrución número UN de Cangas, cando para iso sexa requirido.

12 de decembro de 2014 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.