Un total de 67 familias de Mos beneficiaranse das axudas municipais para compra de material e comedor escolares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

As concelleiras de Benestar Social, Sara Cebreiro, e de Educación, Kely Monzón, informaron hoxe de que a Xunta de Goberno Local aprobou onte pola tarde os listados dos nenos e nenas mosenses beneficiarios das axudas municipais de comedor escolar e para adquisición de material escolar para o presente curso 2014-2015.

No caso das subvencións para material escolar foron 50 as familias solicitantes das que finalmente resultaron 43 beneficiarias. En canto ás axudas para comedor foron pedidas por 32 familias mosenses das cales se beneficiarán un total de 24.

Os beneficiarios das axudas para material escolar son familias do alumnado dos primeiro e segundo ciclos de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. O concepto subvencionable é material de papelería non reutilizable tipo cadernos de soporte, material de manualidades, etc. quedando excluídos os libros de texto que sexan subvencionados ou cedidos por outras administracións.

Puideron optar a estas axudas todos os pais ou titores de alumnos matriculados para o curso 2014/2015 nun dos cursos obxecto da axuda e que estean empadroados, tanto solicitante como alumno, no Concello de Mos. Para percibir a axuda os solicitantes debían cumprir co baremo económico BOPDEPO NUM: 176, venres 12 setembro 2014.

Os beneficiarios das axudas para o servizo de comedor escolar son as familias do alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria. O concepto subvencionable é o servizo de comedor escolar dos CEIPs públicos do Concello de Mos, sempre e cando este non goce de gratuidade.

Ó igual que no caso da subvención para material escolar, puideron optar á axuda para o uso do comedor os pais ou titores de alumnos matriculados para o curso 2014/2015 nun dos cursos obxecto da axuda e que estean empadroados, tanto solicitante como alumno, no Concello de Mos. Para percibir a axuda os solicitantes debían cumprir co baremo económico BOPDEPO NUM: 176, venres 12 setembro 2014.

12 de decembro de 2014 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.