Un total de 4.664 pacientes de Povisa formalizaron a súa adscrición ao Chuvi
Un total de 4.664 pacientes de Povisa formalizaron a súa inclusión no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) no prazo habilitado para facelo, que se abriu o día 5 de setembro e rematou o pasado 30 de novembro. A poboación asignada ao centro sanitario Povisa, unha vez rematado o prazo a semana pasada, é de 135.072 persoas.
O cambio o solicitaron persoas asignadas aos centros de saúde de Baiona, Cangas do Morrazo, Gondomar, Moaña, Nigrán e algúns de Vigo, coa seguinte distribución de solicitudes segundo concellos:
|
Concello da cota de procedencia
|
Nº persoas
|
%
|
|
Baiona
|
205
|
4,4
|
|
Cangas
|
990
|
21,2
|
|
Gondomar
|
394
|
8,4
|
|
Moaña
|
825
|
17,7
|
|
Nigrán
|
590
|
12,7
|
|
Vigo
|
1.660
|
35,6
|
|
Total
|
4.664
|
100
|
Novo concerto: por primeira vez o paciente elixe libremente
O novo concerto, formalizado o pasado 1 de setembro entre o Servizo Galego de Saúde e Povisa, ofrece por primeira vez a posibilidade á poboación de elixir libremente o seu centro de referencia para recibir os servizos de atención especializada, de xeito que pode elixir Povisa ou pode optar por outro centro hospitalario dependente da EOXI de Vigo.
Para o exercicio deste novo dereito, o mesmo día da formalización do concerto aprobouse a instrución que permite aos cidadáns dos concellos aos que dá cobertura Povisa exercer o seu libre dereito de elección. Esta instrución está publicada na páxina web do Sergas dende o primeiro momento e, para maior publicidade, publicouse no DOG o 11 de setembro e remitiuse toda a información e os enlaces cos documentos aos concellos afectados.
Datas para cambio de centro
Como se ten informado dende o primeiro momento, cada ano de vixencia do concerto abrirase un novo período para exercer o dereito de libre elección de centro, que vai dende o 1 ata o 30 de novembro de cada ano. Neste período, poden solicitar a adscrición ao Chuvi os pacientes dos concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar e Vigo que actualmente estean asignados a Povisa. Os cidadáns que teñan a Povisa como centro de referencia e desexan continuar nel non teñen que realizar ningún trámite.
O cambio de hospital é efectivo no momento en que o usuario presenta a súa solicitude e é adscrito polo Sergas. A petición leva implícita a súa permanencia ata, como mínimo, a apertura do seguinte período anual no que de novo poderá exercer o seu dereito de libre elección.
No que atinxe aos pacientes que -por cambio de domicilio ou calquera outra causa que leve aparellada o cambio automático de centro hospitalario de referencia- se incorporen aos centros de saúde que teñen a Povisa como poboación asignada, poden elixir o seu centro hospitalario no momento de elección do seu médico de atención primaria.











