Un total de 15 desempregadis iniciarán o programa de formación e intervención en mantemento e conservación de fachadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

Un total de 15 persoas desempregadas comezarán pasadomañá venres a formación do “Programa de formación e intervención en mantemento e conservación de fachadas de interese patrimonial na zona Urban” na Casa Solidaria. Esta liña de actuación do Programa Urban Ferrol, impulsada pola Concellería de Economía do Concello de Ferrol e cofinanciada con fondos europeos, prolongará durante os vindeiros seis meses.

A nova acción formativa pretende propiciar o desenvolvemento económico e progreso social dos barrios de Ferrol Vello, Canido e A Magdalena así como a mellora da empregabilidade mediante a formación. O curso formativo terá unha duración total de 660 horas, se desenvolverá de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas. Ademais, aquelas persoas que non perciban outras axudas públicas ao emprego recibirán o pago de becas que será de 18€ brutos por día de asistencia. Os obxectivos do programa de formación e intervención en mantemento e conservación de fachadas de interese patrimonial son mellorar as condicións de empregabilidade dos participantes e revalorizar o patrimonio histórico.

Contidos e intervencións

En canto aos contidos do programa formativo, se centrarán en diferentes partes como a teórica, específica, tranversal-complementaria- e a práctica. Os nove módulos formativos versarán sobre os aspectos xerais en construción, a prevención de riscos laborais, aspectos medioambientais, igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, tratamento das superficies de soportes, aplicación de pinturas plásticas, vernizados, e lacados e esmaltes. Ademais, todo o alumnado recibirá un curso de 60 horas de nivel básico de prevención en riscos laborais en construción.

O módulo de práctica titorizada centrarase en actuacións de mantemento e conservación de fachadas de interese patrimonial tales como a Peixaría do Mercado da Magdalena, a Ludoteca, o Palco da Música do Cantón de Molíns e a Casa da Muller. Durante a primeira fase práctica, os 15 participantes no programa se dividirán en tres grupos de cinco persoas e cada un deles se repartirá o mantemento e conservación das fachadas da Casa da Muller, a Ludoteca e o Palco da Música do Cantón. Unha vez finalizadas estas actuacións, comezarase a intervención na Peixaría do Mercado da Magdalena na que participará todo o alumnado do curso.

3 de decembro de 2014 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.