Un menor de 17 anos foi interceptado ao volante dun turismo en Santiago
Un menor de 17 anos veciño de Santiago de Compostela foi sorprendido por axentes do sector de Tráfico da Guardia Civil o luns cando conducía un turismo por un vial que dá acceso á cidade compostelana.
Segundo informan a Guardia Civil e a DGT, o rapaz menor de idade foi descuberto polos axentes dos Instituto Armado tras cometer unha infracción de tráfico.
Unha vez detido o vehículo os gardas puideron comprobar que o condutor era menor de idade e carecía de permiso de conducir. Cando estaba sendo identificado exhibiu os axentes un carné de identidade, que non era o seu, pero que pertencía a un familiar que tiña un grande parecido físico co agora imputado.
Os axentes do Sector de Tráfico da Guardia Civil da Coruña imputáronlle ao menor dous delitos, un contra a seguridade vial por conducir sen carné e outro da usurpación de estado civil.











