Un home entrégase no cuartel de Ponteareas como autor da morte dunha persoa achada nun arcón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareasSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home entregouse no cuartel da Garda Civil de Ponteareas (Pontevedra) como presunto autor da morte dunha persoa cuxos restos foran achados nun arcón conxelador nunha vivenda da localidade.

Segundo confirmaron fontes da Garda Civil, un home presentouse na tarde do martes no cuartel de Ponteareas manifestando ser o presunto autor da morte da persoa cuxos restos foron atopados o pasado mes de xuño nun arcón.

Estaba previsto que a partir das 10,30 horas deste mércores o individuo pasase a disposición do Xulgado de Instrución Número 3 de Ponteareas.

Un equipo especial de Criminoloxía desprazouse o pasado mes de xuño á vivenda na que foron achados os restos humanos nun arcón conxelador nun piso do número 7 da Avenida Castelao en Ponteareas.

3 de decembro de 2014 | 11:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.