Último encontro do Santiago Futsal antes do parón do Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Os xogadores do Santiago Futsal reincorpóranse esta tarde ao traballo, tras conseguir, en Peñíscola, a segunda vitoria consecutiva do equipo nas últimas xornadas de liga. Os de Santi Valladares superaron ao seu rival no encontro do pasado sábado por un resultado de 3-5, o que lles permite situarse na 10ª posición da táboa, a sete puntos dos postos de descenso.

Esta semana reciben no Multiusos Fontes do Sar a un rival moi forte na categoría, AE Palma FS, que xa conseguiu o pase á Copa de España ocupando a cuarta posición da clasificación e sendo un dos equipos revelación da tempada.

O encontro disputarase o venres día 19 ás 21h no Multiusos Fontes do Sar. En devandito encontro poderanse comprar rifas para o sorteo, no descanso, dunha cesta de Nadal valorado en 200€ cortesía de Café Bar Rakel.

Plan de traballo semanal

Luns 15 Decembro
16.45h- Multiusos- Preventivo + Táctico

Martes 16 Decembro
9.30h- Multiusos- Veloc. Desplazam.+ Porteiros
17h- Multiusos- Táctico

Mércores 17 Decembro
17h- Multiusos- Táctico

Xoves 18 Decembro
17h- Multiusos

Venres 19 Decembro
21h- Multiusos- Partido da 15ª xornada de Liga
Santiago Futsal vs AE Palma FS

15 de decembro de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.