Últimas citas de “Imos ao baile”
Os Departamentos de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá preparan xa as últimas citas do programa Imos ao baile 2014, previstas para os sábados 13 e 20 de decembro. O sábado 13 de decembro, ás 17:00 horas, na Casa das Asociacións de Cornes, baile amenizado polo grupo Glamour. Unha semana despois, o sábado 20 de decembro, será a Solymar a orquestra que porá a música no Centro Sociocultural de Vite a partir das 17:30 horas.
A entrada libre é libre ata completar a capacidade dos respectivos salóns.











