Tui despide o 2014 co tradicional Concerto de Fin de Ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Este venres, 26 de decembro, ás 21h terá lugar no Teatro Municipal de Tui a última cita da programación cultural de 2014 será o tradicional Concerto de Fin de Ano.

Dende hai máis dunha década a Coral da S.I. Catedral baixo a dirección de D. Agustín Sobral e a Banda de Música Popular de Tui baixo a batuta de Adolfo Besada, serán as responsables desta despedida musical.

O Concerto comezará coa actuación da Coral da S.I. Catedral, acompañada ao órgano por D. Ángel Viro Caamaño, que interpretará un programa formado por pezas populares xunto a composicións de Pachebel, Franz Gruber ou Posse, pechando a actuación con “Tui, mira si te querré”. A continuación de xeito conxunto a Coral e a Banda de Música Popular de Tui interpretarán o “Himmo a San Telmo”.

Xa na segunda parte do concerto a Banda de Música Popular de Tui interpretará un programa dedicado integramente a composicións da familia Strauss, no que coma cada ano non faltará de seguro algunha sorpresa.

As entradas para este concerto están xa á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou poderán mercarse no despacho de billetes da Área Panorámica dende ás 19.30h ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

23 de decembro de 2014 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.