Tui convoca un concurso de ideas para o deseño dunha zona verde e aparcamento soterrado na traseira da Área Panorámica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O concello de Tui está a ultimar as bases para sacar un concurso de ideas para o deseño dunha zona verde e aparcamento subterráneo na parte traseira da Área Panorámica. Dos 7 mil metros que ten a parcela 1.800 será ocupado polo novo centro de saúde tudense e o resto, 5.200m2 destinarase a zona verde tal e coma está contemplado no PXOM.

No subsolo está prevista a construción dun aparcamento soterra, que no seu día sairá a concurso. Un estudio de viabilidade co que contan no Concello recolle un aparcamento de tres andares no que terán cabida preto de 500 prazas de estacionamento.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, sinala que a parcela traseira da Área Panorámica conxugará a medio prazo un espazo de servizos co ubicación do novo centro de saúde arestora en construción e que deberá estar rematado dentro dun ano, cunha zona verde para uso e disfrute dos cidadáns co aproveitamento do subsolo cun aparcamento soterrado que no seu día será sacado a concurso.

23 de decembro de 2014 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.