Treixadura e a Coral Cantigas e Agarimos actuarán o 13 de decembro en Ribadumia
Os compoñentes de Treixadura e a Coral Cantigas e Agarimos de Santiago encheran o escenario do Auditorio Municipal de Ribadumia o sábado 13 de decembro. A ocupación e xa un feito xa que entre ambas agrupacións suman 45 voces sobre as táboas.
A Coral convidada xa participou na recente gravación do disco de 25 Aniversario de Treixadura.
Treixadura aférrase na lírica e a música máis humilde de Galicia na lingua propia da comunidade coa intención de levar a música tradicional aos escenarios, con gran formato, calidade e dignidade.
Os seus concertos, e este non será menos, convértense nun acto de convivencia social con pezas que unen a maiores, novos e nenos nunha participación absoluta.
As entradas, gratuítas e cun máximo de catro por persoa, poderán retirarse na Casa da Cultura de Ribadumia o mércores 10 e o xoves 11 de decembro de 16:00 a 20:00 ata completar aforo. A actuación, o sábado 13 de decembro, a partir das 20:30 horas no Auditorio Municipal de Ribadumia.











