Tomás Fole valora positivamente a reunión do padroado de Fexdega na que deu conta dos investimentos a realizar
O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, valorou hoxe positivamente a reunión do padroado de Fexdega, ao que asistiron os representantes do Concello agás o BNG, os da deputación de Pontevedra e os de Abanca. Isto é así porque todos coincidiron en refrendar os investimentos previstos, posto que así se dará maior rendabilidade social a unhas instalacións públicas. O alcalde comprometeuse a que os técnicos explicarán con maior detemento aos vocais do padroado tanto a execución dos presupostos de 2013 e 2014, cuxas contas se aprobaron hoxe, coma as obras que se pretenden levar adiante en 2015 con cargo aos máis de 400.000 euros dos que dispón a fundación feiral pola devolución do IVE devengado no seu día na contrución do recinto.
O alcalde destacou o convencemento de todos os vocais do padroado en que é necesario sacar maior rendemento tanto ao pavillón coma ás zonas externas, nas que se instalarán canchas deportivas e mesmo zonas de esparexemento. Tomás Fole comprometeuse a que en canto estean listos os proxectos técnicos de cada unha das obra estes serán trasladados aos vocais do padroado, especialmente no que se refire aos vestiarios e baños exteriores, nos que se advertiu gran interese.
O proxecto do goberno local susténtase en tres patas. A primeira, a mellora xeral das instalacións, construídas hai xa varios anos. Neste senso, se repararán as filtracións de auga e se solucionarán os problemas de humidade que se rexistran na cuberta. Igualmente, se adoptarán medidas de aforro enerxético, sectorizando a iluminación, con circuítos independentes por zonas.
O segundo grupo de actuacións se centrará nas infraestructuras deportivas. Así, se adquirirá unha pista de parqué, que utilizarán indistintamente os clubs e a Fundación de Deportes para as súas actividades. Tamén se substituirá unha das pistas de goma e se repararán as dúas restantes.
Dentro deste grupo tamén se inclúe a instalación dun sistema de separación do pavillón en tres zonas, de xeito que se así se poderán conxugar as actividades deportivas coas feiras, modulando o espazo en función das necesidades de cada momento.
Por último (terceira pata), o investimento en Fexdega terá como escenario a zona axardinada diante do pavillón e mirando cara Rodrigo de Mendoza. Aquí se crearán tres zonas canchas multideportivas ao aire libre e se instalarán diversos xogos e estructuras para a práctica da actividade física. Igualmente se construirá un módulo de vestiarios e duchas complementarios para dar servizo ás actividades e competicións deportivas.
O goberno local quere iniciar de inmediato os trámites de contratación, de xeito que as obras poidan executarse canto antes. Tanto Tomás Fole coma Elena Suárez expresaron o seu desexo de que a maior parte das actuacións poidan ser xa utilizadas polo público na vindeira Semana Santa, coincidindo cun torneo deportivo en Fexdega.











