publicidade hoxe

Teo organiza unha nova edición do tradicional encontro de voces corais Cantateo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Concello de Teo a través do Departamento de Cultura organiza en decembro o tradicional encontro de voces corais, Cantateo. Trátase dunha serie de concertos que se celebran os domingos do mes de decembro e no que participan as formacións corais de Teo. Este ano concretamente os concertos serán os domingos 7, 14 e 21 e participan oito coros ou corais.

Teo ten unha importante tradición con moitas parroquias con un ou máis grupos de voces corais. Este domingo 7 de decembro participan a Coral polifóncia da SR de Calo e as Cantareiras da SR de Calo. O domingo 14 contaremos coa actuación do Grupo de canto Aleceia dos Tilos, o Coro parroquial de Cacheiras e a Coral polifónica de Luou.

Pechan este encontro anual o 21 de decembro o Coro da igrexa evanxélica da Ramallosa, a Coral da Asociación Cultural Cruceiro do Monte e o Coro parroquial de San Francisco de Asís dos Tilos.

Este ano as actuacións programáronse no Centro Cultural da Pontevella ás 17:00 horas e a entrada é de balde. En anos anteriores fíxose no CSC da Ramallosa, que por mor dunhas obras estaba fóra de servizo nas últimas semanas. Nos últimos días rematábanse os traballos no local da Ramallosa polo que se agarda que a programación municipal nas próximas semanas poida ir recuperando ese espazo. O Concello agradece a disposición amosada neste tempo por asociacións como a Pontevella en Reis ou a Rosalía de Castro en Cacheiras que facilitaron o uso dos seus espazos para actividades municipais.

5 de decembro de 2014 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.