Telefónica dota con 4 g ás 10 principais superficies comerciais de Vigo e á súa fronte marítima
As dez principais superficies comerciais de Vigo -C. C. Camelias, C.C. Gran Vía, C.C A Laxe, C.C Praza Elíptica, C.C. Meixoeiro, C.C Cidade Universitaria, C.C Travesía, El Corte Inglés e os dous Alcampos ( r/ Coia e Avd. de Madrid)- contan xa con cobertura de banda ancha ultrarrápida móbil grazas ao despregamento efectuado por Telefónica nas súas instalacións e que permite velocidades de navegación en Internet que poden chegar ata os 100 megas, posibilitando así a descarga e a compartición instantánea de arquivos como música ou contidos en alta definición e o desfrute de videoxogos online.
A Compañía, fiel ao seu compromiso co desenvolvemento de infraestruturas ultrarrápidas en Galicia, tamén dotou con tecnoloxía 4 G ao Porto e á Zona Franca da cidade, facilitando así o seu acceso ás empresas instaladas na zona e continuando co esforzo investidor en comunicacións móbiles que veu desenvolvendo nos últimos anos, o que supuxo a activación de 138 nodos de 4 G nas principais cidades galegas.
Telefónica ofrece, tamén tanto na fronte marítima de Vigo como nas súas grandes áreas comerciais, servizo 3 G avanzado -permite velocidades de voz e datos de ata 42 megas-. Cabe sinalar ademais que, en Galicia, a cobertura móbil é superior á media española, e só en 3 G alcanza ao 98% da poboación -moi por enriba da media estatal, do 74%-, chegando a practicamente o 100% co resto das tecnoloxías.











