Taller práctico de preparación e conservación de peixes artesanais en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

O GAC-Ría de Pontevedra vai organizar en Marín o vindeiro 9 de decembro  ás 20:00 horas no Multiusos da Praza de Abastos de Marín un “Taller práctico de preparación e conservación de peixes artesanais” .

O taller de cociña terá unhas 2 horas de duración e será impartido pola blogueira Rocío Garrido. Nel os participantes aprenderán distintas técnicas de cociñado e conservación de peixes (salgaduras e escabeches) e elaborarán receitas empregando as técnicas aprendidas. Ó finalizar o taller procederase á degustación dos productos elaborados durante o taller e cada participante recibirá unha folla coas receitas elaboradas.

Este taller está dirixido a adultos e é gratuito máis con prazas limitadas, polo que en caso de estar interesado debe contactar a través do teléfono 698 138 633 ou do email tecnico@pescadoartesanal.com

3 de decembro de 2014 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.