Taller de decoración da “Árbore das ilusións” no Club de Celi das Cancelas
Abrollarela Talleres Creativos impartirá este domingo o seu taller de decoración da “Árbore das Ilusións” no centro comercial, que terá como obxectivo a creación dunha árbore de todos e para todos, no que peza a peza representaranse as ilusións e os desexos dos veciños de Santiago, pois en moitas culturas, a árbore é símbolo de unión e de historia colectiva.
Para iso, farase uso de materiais refugados de uso cotián que sexan resistentes á intemperie: CD´s, plásticos, corda, la, goma eva, lazos, elementos naturais…











