Só unha das alegacións presentadas ó proxecto de construción da rolda leste de Pontevedra pide cambiar o trazado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPontevedra
A-
A+

Concluído o período de alegacións ó proxecto de construción da rolda leste de Pontevedra e ó expediente de expropiacións, os veciños afectados polo trazado presentaron 22 alegacións que están a estudar os técnicos da Deputación de Pontevedra para lles dar resposta.

Das 22 alegacións, só unha pide a modificación do trazado previsto; propón levar a nova vía por unha zona máis ó norte e máis afastada da actual. As demais son relativas ós bens afectados e á valoración do solo que se estipula no proxecto para os 63 propietarios afectados.

A rolda leste afecta a  33.473 m2 de 63 terreos, a 120 árbores, a dous almacéns e a dúas edificacións en solo rústico.

A obra ten un orzamento de 2,5 millóns de euros para construír unha nova vía de circunvalación en Pontevedra, con dous carrís de 3,5 m, beiravías de 1 m e unha senda peonil de 4 m. Ó longo de 1 km o proxecto inicialmente aprobado prevé a construción de tres glorietas.

16 de decembro de 2014 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.