Sarabela Teatro chega á Biblioteca de Verín co seu ‘Superhéroes’
A Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá o venres 19 de decembro, de 18 a 18.45 horas, a iniciativa ‘Superhéroes’ de Sarabela Teatro, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A actividade está destinada a un máximo de 50 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, que deberán inscribirse previamente na propia Biblioteca verinense ou no teléfono 988-414776. Ao longo de 45 minutos, os/as asistentes se converterán en pequenos superhéroes que, a través dos seus poderes máxicos, axudarán a salvar o mundo. Esta actividade está incluída dentro da programación cultural e festiva no municipio para as festas de Nadal, na que tamén se atopan exposicións, concertos e iniciativas lúdicas para os/as nenos/as do municipio.











