Santiago Villanueva nega problemas de comunicación sobre a presenza de Riazor Blues
O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, negou “problemas de comunicación” coa súa homóloga de Madrid en relación coa presenza de membros de Riazor Blues na capital española o pasado domingo, ante o enfrontamento contra o Atlético.
A preguntas dos xornalistas, dixo que “non hai ningún problema de comunicación”, mentres que insistiu en que por parte das administracións “xa se teñen tomado unha serie de medidas”.
“Como as que teñen que tomar os clubs e a concienciación do resto da sociedade”, dixo sobre uns feitos -o enfrontamento entre siareiros dos Riazor Blues e da Fronte Atlética que a saldo coa morte de Francisco Javier Romero Taboada- que, ao seu xuízo, non se poden “vincular co deporte”.
“É un problema estritamente de violencia”, recalcou o delegado do Goberno en Galicia tras asistir ao acto de conmemoración do 36 aniversario da Constitución Española.











