Santiago Futsal visita a un Peñíscola que busca o pase á Copa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

A 14ª xornada de Liga chega este fin de semana a Benicarló co encontro que enfronta mañá ás 18h aos de Santiago e aos CFS Peñíscola.

Con obxectivos diferentes, xa que os CFS Peñíscola busca consolidarse nos oito primeiros postos da clasificación, conseguindo o billete para a Copa de España 2015; o Santiago Futsal, sen opcións a ocupar os postos de play off na primeira volta, quere conseguir os 3 puntos que están en xogo na pista valenciana para deixar, aínda máis abaixo, os postos de descenso dos que agora mesmo se atopan a 4 puntos.

Os de Santi Valladares chegan a este encontro tras conseguir unha vitoria a xornada pasada ante outro equipo galego da categoría, Burela Pescados Rubén. O tres puntos conseguidos sobre a pista azul servíronlles aos de Santiago para situarse 10º na táboa deixando aos equipos da zona baixa da táboa a catro puntos. Os galegos encarasen o choque deste sábado como unha posibilidade de distanciarse das dúas últimas posicións con maior amplitude de puntos antes do parón do Nadal e sumar, así, a segunda vitoria a domicilio na pista dun complicado rival.

O rival, CFS Peñíscola, chega a este choque na 6ª posición da táboa, con só un punto de diferenza sobre o oitavo clasificado. Os valencianos, que caeron a pasada xornada en Xaén por 4-2, tentarán lograr a vitoria para asegurarse unha das posicións que lles dea dereito a xogar a Copa de España 2015.

En anteriores choques disputados entre ambos os conxuntos, só nos podemos remontar á tempada pasada, na que se enfrontaron por primeira vez, e na que os de Peñíscola conseguiron a vitoria (1-5).

Santi Valladares conta para o encontro de mañá con 12 xogadores: 1- Marcos Vara, 3- Dani ‘Chinés’, 4- Lucas Bolo, 5- Iván Rumbo, 6- Borja, 7- Galego, 10- Marci, 13- Pablo Tallón, 14- Hugo Sánchez, 19- Santi, 23 Diego Quintela, 25- Iker López.

quedan fóra da convocatoria Lucho, Kike e Chus.

 

12 de decembro de 2014 | 12:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.