Santiago Futsal A Gaiola participa no Torneo Internacional Asociación Acreditar
As xogadoras do Santiago Futsal A Gaiola participarán este domingo día 14 de Decembro no Torneo solidario organizado pola Asociación Acreditar de Pais e Amigos de Nenos con Cancro en Condeixa A Nova (Coimbra, Portugal).
Seguindo a filosofía do equipo Santiago Futsal A Gaiola de colaboración con accións solidarias, como demostran todos os anos coa organización do seu Torneo de Nadal, así como a súa colaboración coa Fundación Andrea, este domingo desprazaranse a Portugal para axudar neste Torneo solidario organizado pola Asociación Acreditar de Pais e Amigos de Nenos con Cancro.
Neste encontro solidario xogarase un triangular entre Santiago Futsal A Gaiola, Sporting de Lisboa/Benfica e unha Selección formada por membros da Asociación Acreditar.











