Santiago acolle o Campionato Galego Sénior de Karate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O pavillón polideportivo do Restollal acolle este sábado, 13 de decembro, o Campionato Galego Sénior de Karate, nas modalidades de kumite e kata individual masculino e feminino. O Concello de Santiago patrocina esta cita, organizada pola Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego. A concelleira de Deportes, María Corral, asistirá ás 19:00 horas á entrega de premios deste Campionato, que reunirá 50 competidores de 15 clubs galegos. A competición iniciarase ás 16:30 horas.

11 de decembro de 2014 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.