publicidade hoxe

San Silvestre en Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+

Organizada polo Concello de Castrelo de Miño mañá mércores 31 de decembro ás 16:30 horas terá lugar no contorno do Parque Náutico a XVI Edición da San Silvestre

A inscrición realizouse a traveś da web www.castrelo.org ata o 26 de decembro e superáronse os 350 participantes, baténdose polo tanto este ano o récord de participación dos 16 anos da proba.

A inscrición ten un custe de 4 €, e todos os participantes recibirán unha camisola conmemorativa de agasallo, así como o xa tradicional chocolate quente ao remate da proba. Os participantes contarán tamén con servizo de cronometraxe con chip incluído dentro do custe da inscrición.

O percorrido da proba será similar ao da pasada edición ao redor das instalacións do parque náutico.

A dispor dos participantes estarán os vestiarios e duchas do parque naútico.

30 de decembro de 2014 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.