publicidade hoxe

Rueda destaca en Lobios o beneficio do fondo de compensación ambiental para os pequenos concellos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLobios
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou hoxe o concello de Lobios, na provincia de Ourense, para coñecer in situ as actuacións que está a levar o Concello ao abeiro das subvencións do Fondo de compensación Ambiental, onde destacou o beneficio que aporta o Fondo para os pequenos concellos do interior da nosa comunidade

Alfonso Rueda que estivo acompañado pola alcaldesa, Mª Carmen Yáñez, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, destacou que en Lobios apostouse polos servizos de emerxencias, e a subvención deste ano, por importe de 28.000 euros utilizarase para acondicionar o antigo pavillón municipal e dotar aos GES dunhas instalacións axeitadas.

O Fondo que procede do canon eólico beneficia dende hai xa cinco anos aos concellos galegos que teñen explotacións eólicas, e a seus cidadáns, xa que subvencionan investimentos relacionados coa mellora do entorno e a conservación do medio ambiente. Ademais, o Fondo contribue ao reequilibrio territorial, xa que a meirande parte dos beneficiarios son concellos do interior e pequenos, como é o caso de Lobios.

Os concellos galegos ao abeiro desta Orde están a subvencionar múltiples iniciativas, como mellora do saneamento e depuración de augas residuais, melloras no abastecemento dos subministros de auga potable, eficiencia enerxética, recuperación de espazos naturais ou dotación de medios materiais e humanos para a conservación ambiental, entre outras moitas actuacións.

Na nosa Comunidade, o Fondo de Compensación Ambiental 2014 destinou 8,7 millóns de euros a través das liñas de concorrencia competitiva e non competitiva. Na liña de concorrencia competitiva foron 1,7 millóns de euros para un total de 53 proxectos que benefician a 88 concellos. Por provincias, Ourense foi a zona onde máis proxectos se levarán a cabo cun total de 20, seguida de Coruña con 13, Lugo con 12 e Pontevedra con 8.

Fondo de Compensación Ambiental 2015

Ademais, hoxe mesmo o director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, presentou en rolda de prensa a convocatoria das axudas do Fondo de Compensación Ambiental 2015 que sae publicada no DOG, e que volve a a primar as solicitudes presentadas conxuntamente por mancomunidades de concellos, consorcios locais e agrupacións ou asociacións de concellos, ampliando nun 20 por cento a cuantía máxima das solicitudes conxuntas, que no 2015 ascende a 120.000 euros, fronte os 40.000 das individuais.

O adianto nas datas da convocatoria responde a unha reivindicación do municipalismo galego e vai facilitar a xestión das axudas, xa que, en primeiro lugar, proporcionará aos concellos un prazo de execución dos proxectos subvencionados moito maior, redundando nunha execución material mais eficiente e de maior calidade. Ademais, como consecuencia do maior prazo, resultará mais sinxelo para os concellos dar cumprimento as esixencias legais de contratación e xustificación dentro dun procedemento de control de legalidade sumamente esixente.

1 de decembro de 2014 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.