Ribadumia pon en marcha cursos de informática dirixidos a nenos e adultos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia organiza un ano mais cursos de informática destinados para nenos e adultos. Esta acción permitirá os participantes un primeiro achegamento ás novas tecnoloxías co obxectivo de fomenta o uso do computador e resolver as principais dúbidas que poidan xurdir neste eido.

Para os nenos de 6 a 14 anos o programa formativo afondará a familiarización co entorno de Windows, o escritorio, meu PC, a papeleira o menú de programas a garda e organización de arquivos e carpetas e os seus accesorios WordPad e Paint.

Tamén descubrirán internet, a procura, navegación e compilación de información. Sen esquecer o paquete Office con nocións básicas de escritura e adornos en Word e presentacións animadas co Power Point.

Para os adultos abordarase este mesmo programa formativo aínda que con maior contido nas técnicas de tratamento de texto con Word, edicións, formatos, marxes, sangrías, inserción de imaxes, portadas e encabezados. Tamén se profundará no cálculo e organización con Excell, o traballo con follas de cálculo, orden e formato dos datos, formulas e funcións e gráficos estatísticos.

O prazo de inscrición comeza este martes 9 e remata o 31 de decembro ata completar as prazas dispoñibles. Os interesados poden anotarse no Consello de Ribadumia en horario de 08:00 a 15:00 horas de luns a venres e os sábados de 9:00 s 13:00 horas.

Os cursos impartiranse os luns na aula de informática da Casa da Cultura de Ribadumia a partir do 12 de xaneiro para os nenos e do 19 no caso dos adultos, durante 1,5 horas para os cativos e 2 horas para os maiores. O número máximo de participantes por grupo é quince, de acordo coa capacidade da aula de informática da Casa da Cultura de Ribadumia, que conta cunhas instalacións totalmente adaptadas, equipadas e cómodas para o desenvolvemento destas actividades.

Estes cursos de informática inclúense dentro do proxecto da concellería de Cultura de achegar as novas tecnoloxías a toda a poboación de Ribadumia. Segundo explica a edil, Susana Fandiño, “a informática é unha das ferramentas imprescindibles hoxe en día, independentemente da idade da persoa, e desde o Concello de Ribadumia queremos que os nosos nenos, mozos e maiores teñan acceso a eses coñecementos”.

O curso está subvencionado parcialmente polo concello de Ribadumia e o custe para os participantes será o de un único pago de 25€ o inicio da formación.

5 de decembro de 2014 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.