Ribadumia mellora a sinalización da rede viaria cunha axuda de 60.000 euros da Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra investirá 59.726,97 € na mellora da sinalización no concello de Ribadumia.
A achega forma parte do Plan Urxente de Mantemento de Infraestruturas e Servizos Municipais e incluirá a instalación de carteis indicadores de camiños e rúas, pero tamén dos distintos lugares e parroquias do municipio.
Incluiranse tanto paneis de sinalización sobre postes de aluminio coma placas en aceiro para a súa instalación nas fachadas dos edificios.
O obxectivo é renovar os indicadores que se atopan en moi mal estado, así como dotar de sinalización aqueles lugares, aldeas e vías nos que, na actualidade, non existen.
Desta forma non só se pretende facilitar a orientación de veciños e visitantes, senón contribuír á conservación da rica toponimia existente no municipio.











