Ribadumia facilita os propósitos do ano novo
A Concellería de servizos sociais xunto á Asociación Española Contra o Cancro, AECC, organizaron unha actividade gratuíta para deixar de fumar que se iniciará o próximo mes de xaneiro. Deixar de fumar é un dos propósitos de moita xente ao iniciar un ano novo e desde o Concello de Ribadumia queren axudar, a través deste curso, a todos os fumadores a deixar o tabaco.
A proposta do curso, que impartirá un Psicólogo da AECC, é deixar de fumar de forma progresiva, presentando un programa de deshabituación continuada que ten moi bos resultados.
Esta é a segunda edición do curso en Ribadumia e pola experiencia pasada moita xente deixou de fumar grazas a el.
O curso é gratuíto, pero ao comezo do mesmo abonarase un depósito de 50 euros, que se devolverá ao finalizar, para que a xente tome conciencia e asista ao curso.
Deixar de fumar non só é beneficioso para a saúde, senón que compensa economicamente, xa que ao longo dun ano póse aforrar moito.
Dende a entidade local animase os a todos os fumadores a asistir a este curso no que aínda quedan prazas e informaba do teléfono para realizar as inscricións, 986.718.491, para empezar o ano co bo propósito de deixar de fumar.











