Ribadumia acende este venres o alumeado de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

Ribadumia inaugurará oficialmente o Nadal este venres, 12 de decembro as 18:30h, co aceso do alumeado navideño na praza do Concello. A Alcaldesa Salomé Peña explica que “nesta ocasión a praza do Concello acollerá unha árbore led como os Concellos veciños. O obxectivo e ambientar e motivar aos veciños de Ribadumia neste mes tan especial e sinalado, ademais de dinamizar o comercio local e a hostelería”.

O acto acompañarase cun concerto de panxoliñas da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia.

Aínda que a iluminación se concentra nas rúas do centro, por motivos de aforro energético e económico, ás diferentes parroquias tamén contan con algún elemento decorativo para crear un ambiente máis propio destas datas.

A entidade local preparada unha programación de actividades e eventos con motivo do Nadal e a chegada do Ano Novo, que comeza con esta concerto o venres e continua coa actuación de Treixadura o sábado no Auditorio Municipal de Ribadumia. O resto de actividades de música, teatro e humor iranse anunciado nas vindeiras semanas.

11 de decembro de 2014 | 11:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.