Rey Varela visita a xogoteca da praza de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Rey Varela na visita á xogoteca

Rey Varela na visita á xogoteca

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou hoxe a nova Xogoteca da Praza de España onde se desenvolven diferentes actividades de conciliación familiar e laboral. Este novo equipamento integrado na rede de actividades infantís da Concellería de Igualdade e Xuventude é un compromiso asumido polo Goberno Municipal de Jose Manuel Rey de ampliar a zona de xogos da praza de España cun espazo cuberto para actividades infantís de tempo libre, lúdica e formativas. Jose Manuel Rey estivo acompañado da edil responsable das políticas de Igualdade e Xuventude da Administración municipal na visita a estas novas instalacións públicas que na xornada de hoxe entraron en funcionamento.

Rey Varela destacou a importancia que ten aumentar os equipamentos públicos dirixidos ás familias e aos máis pequenos, e aínda máis cando permiten favorecer a conciliación da vida familiar, laboral e social, como é o caso da nova xogoteca da praza de España. “Instalacións como esta cumpren ademais co obxectivo do Goberno Municipal de encher a praza de España de vida, o que tamén conseguiremos coa próxima apertura da nova Oficina Central de Turismo da cidade no outro edificio da praza”, dixo o rexedor ferrolán. En canto ao programa de conciliación e obradoiros dirixidos aos máis pequenos Rey Varela avanzou que a Concellería de Igualdade e Xuventude ofertará novas prazas e actividades xa de cara a este Nadal.

A nova Xogoteca Municipal da praza de España dispón de 117,30 metros cadrados de superficie cuberta destinados á infancia. Todos os talleres do programa de conciliación “Xogoteca” xa están en marcha e destacan pola súa variedade tanto lúdica como formativa con obradoiros de inglés, cociña, cine ou zumba. A proposta dirixida a menores ferroláns entre 3 e 12 anos permite realizar tres actividades simultáneas divididas por idades, o que supón 45 nenos e nenas en actividades cada hora. En total, un total de 366 nenos/as están inscritos nun ou varios dos talleres que se desenvolven neste espazo e que son gratuítos. Aínda quedan prazas libres na franxa de idade comprendida entre os 10 e os 12 anos.

Actividades que se desenvolven na Xogoteca

Segundo a gran variedade de obradoiros, a relación de talleres e a franxa de idade para a que están dirixidos é a seguinte:

Menores de 3 a 6 anos:

– Predeporte

– Xogando con fieltro

– Chiquitirritmo

– Gyncana Musical

– Merenda con conto

– Plástica

– Reciclando

– Babyenglish

– Psicomotricidade

– Merenda con cine

– Ciencia divertida

– Pequecheff

Menores de 7 a 9 anos:

– Apoio escolar

– Inglés

– Zumba

– Multideporte

– Creatividade e pintura

– Cociña

– Costura

– Reciclando

– Ciencia divertida

– Cine

Menores de 10 a 12 anos:

– Apoio escolar

– Inglés

– Zumba

– Multideporte

– Manualidades creativas

– Cociña

– Costura

– Reciclando

– Ciencia divertida

– Cine

O Goberno Municipal de Ferrol investiu 170.000 euros no proxecto de acondicionamento deste local para que tivera usos públicos destinados á infancia. As obras realizadas incluíron a redistribución do espazo para adaptalo á súa finalidade, a modificación do acceso así como a creación dunha rampla que cumpre a nova normativa de accesibilidade e a dotación de mobiliario.

1 de decembro de 2014 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.