publicidade hoxe

Repártense os premios do concurso literario Descubrindo Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros organizou o Premio Literario Descubrindo Oleiros, unha proposta que buscaba poñer en común promover a lingua e dar a coñecer o municipio. Esta iniciativa estaba dirixida a todos os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria e de ESO empadroados no municipio.

Había tres categorías e debido á calidade dos textos o xurado decidiu outorgar un accésit no grupo máis novo, polo que son catro as persoas gañadoras que serán galardoadas. A entrega de premios, na que se fará lectura dos textos gañadores, será o venres 26 de decembro ás 18.00 horas na Fábrica, antes da obra de teatro Bailando cos contos, de Baobab Teatro.

Os relatos gañadores foron na categoría un, Os inmigrantes de pedra e Alén de Lorbé, de dúas alumnas de 5º e 6º de primaria respectivamente; da categoría dous, A lenda da herba de namorar, dun rapaz de 2º de ESO e da categoría tres, Eulalia de Oleiros, dunha rapaza de 3º de ESO.

O xurado destacou a calidade dos demais textos presentados e o coñecemento que teñen os rapaces e rapazas do noso territorio, agradeceu ademais a participación nesta actividade, pois é un xeito de fomentar a creatividade e o uso da lingua.

23 de decembro de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.