Remata o acondicionamento da pista deportiva Campo da Feira en Parada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e o tenente de alcalde e concelleiro de Economía, Facenda e Contratación, Alberto García Pazos, visitaron onte as obras xa finalizadas de acondicionamento e mellora da pista deportiva Campo da Feira, en Parada, unha actuación acometida polo goberno municipal cun investimento de 10.000 euros.

Esta actuación súmase ás xa executadas polo goberno municipal neste mandato -o acondicionamento do parque infantil de Parada e da Praza da Carrasca-, “acometidas co obxectivo de recuperar e poñer en valor uns espazos de ocio e esparexemento da parroquia que se encontraban nun importante estado de deterioración e abandono”, sinala o alcalde.

29 de decembro de 2014 | 12:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.