Remata a primeira edición do trofeo Aurelio Fernandez Lage
O pasado fin de semana o Real Club Náutico da Coruña organizou o TROFEO AURELIO FERNANDEZ LAGE para a clase Optimist, en memoria do que fose Presidente do Club durante 14 anos.
A regata comezou o sábado coa celebración de catro probas, finalizando a primeira xornada con Jorge Tábara en primeira posición, seguido moi de preto por Miguel Pérez e por Jorge Barcia.
O domingo, cun vento do nordeste 7-14 nós, púidose completar o programa de probas, sendo o gañador Jorge Barcia con 11 puntos, por diante de Jorge Tábara con 16 puntos, e en terceira posición clasificaríase Miguel Pérez. En categoría Escola a gañadora foi Carmen Solórzano, por diante de Jaime Arangüena e Branca Rilo.
A entrega de trofeos celebrouse unha vez publicadas as clasificacións finais, nun emotivo acto ao que asistiron a viúva de Aurelio Fernández, Janet Rogers, a súa filla Alexandra Fernández, e irmá Marisol Fernández, Germán Suárez-Pumariega Presidente do RCN Coruña, Antón Pellejero, Comodoro RCN Coruña, Francisco Mourelo, Concelleiro de Cultura e deportes do Concello da Coruña, Mariel Padín, Vicepresidenta da Deputación da Coruña TROFEO AURELIO FERNANDEZ LAGE.











