Regresa o Salón Motor Classic ao recinto estradense
O Salón Motor Classic contará entre as súas firmas expositoras coa firma Micatón Ergonomics, que recala no recinto, avalada polo éxito obtido na Feira National Hardware Show das Veigas, onde presentou o seu revolucionario invento denominado Micaton, un utensilio para suxeitar parafusos, cravos e porcas que é adaptable a todo tipo de desaparafusadores e que incorpora un potente imán para facilitar o seu labor.Conta cunha estrutura de goma ,capaz de absorber impactos e permitir o atornillado en calquera tipo de superficie sen causar danos.
No que se refire ao apartado de exposición de vehículos clásicos (coches, motocicletas e bicicletas), estará presente o piloto galego e actual campión galego de autocrós, á súa vez, subcampión de rallies de Galicia, campión da copa Pirelli e campión galego de Rallimix, Celestino Iglesias que exporá dous dos seus vehículos de competición Ford festa R2.
Motor Classic 2014 presenta unha variada mostra de modelos, complementada cun mercadillo de recambios, pezas, accesorios e complementos ligados ao mundo do motor.
Paralelamente terá lugar unha nova edición da Feira de Antigüidades e Artesanía, todo un clásico do recinto feiral estradense xa que conta con corenta e catro edicións ás súas costas, sendo un punto de referencia para todos os amantes do coleccionismo e as antigüidades. Mobiliario de época, numismática, almoneda, decoración, apeiros de labranza, libros e diversos aveños curiosos, sorprenderán aos visitantes que poderán adquirir unha peza que lles distinga e vincule co pasado e a historia.
Máis de 7.400 m2 de espazo expositivo, albergarán a máis de setenta firmas directas presentes, das cales, o 53% son anticuarios, o 27% recambistas e o restante 20%, firmas correspondentes a artesáns. A inmensa maioría das firmas pertencen á nosa comunidade autónoma, seguidas por outras de ámbito nacional (Madrid, Barcelona, Córdoba, etc…) . A entrada será gratuíta e o horario de 10:00 – 20:00 h.
Minicines Central en colaboración co recinto feiral, teñen programada unha función na que proxectarán a película “BURT MUNRO un soño, unha lenda”. A proxección terá lugar nos cines da Estrada , os días 12 (21.00 horas), 13 (20.00 horas e 22.30) e 14 (19.30 horas) de decembro. O prezo da entrada será de cinco euros, cun desconto do 20%, para o público que visite a exposición xa que, entregarase un vale no recinto feiral estradense para trocar no despacho de billetes de Minicines Central, reducíndose así o prezo da entrada a catro euros.











