Recepción no Pazo provincial do equipo subcampión de España sub-16 da Escola de Xadrez de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Recepción ao equipo de xadrez

Recepción ao equipo de xadrez

A deputada Ana Isabel Vázquez recibiu hoxe no Pazo provincial o equipo subcampión de España sub-16 da Escola de Xadrez de Pontevedra.

Na recepción participaron os xogadores do equipo campión Alberto Portela, David García, Miguel Rodríguez e Pablo Vidal, así como o presidente da Escola e adestrador, Daniel Rivera Kuzawka.

No acto a deputada entregoulles uns agasallos así como unha axuda de 2.000 euros para o Torneo Internacional de Xadrez Memorial Ramón Escudeiro Tilve, cuxa nai, María Dolores Tilve, asistiu tamén ó acto

22 de decembro de 2014 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.