Primeira reunión de traballo do XVII Mes do Cocido cunha vintena de hostaleiros

Reunión de hostaleiros
O edil de Turismo comunicoulle que, no sector da alimentación, repetirán como patrocinadores D.O. Monterrei e Embutidos Lalinense e entrarán como novos Aceites Abril e Vermutería de Galicia, o que posibilitará que se poidan facer actos promocionais dos patrocinadores directamente coa hostalería, o que redundará en beneficios e sinerxias conxuntas. Tamén se contará cos patrocinios de: Espina y Delfín, Lalín Sostible, Symatec, GSI que repiten, e Sabadell Gallego, que entra como novo patrocinador Ata o vindeiro luns poderanse formalizar as adhesións ao Mes do Cocido, así o comunicou o responsable delegado de Turismo, que agradeceu a masiva participación no encontro desta tarde Os restauradores amosaron o seu compromiso de continuar co Compromiso de Calidade do Cocido de Lalín, poñendo como vén sendo habitual, un sistema de avaliación a través de enquisas Tamén puxeron enriba da mesa o sorteo entre os seus clientes de paquetes turísticos completos con alonxamento, visitas guiadas, unha iniciativa dos hostaleiros para a que o concelleiro de Turismo brindou a súa colaboración
Esta tarde tivo lugar a primeira reunión do Mes do Cocido cunha notable afluencia de participantes, ao redor dunha vintena. O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez Fernández, agradeceu a masiva participación no encontro, e desculpou a presenza do Hotel Torres do Deza e La Diligencia que tomarán parte no Mes, aínda que hoxe non puideron estar presentes.
Rodríguez Fernández explicoulles aos hostaleiros, sobre todo aos de nova incorporación, o procedemento que teñen que seguir para participar neste XVII Mes do Cocido, que consiste en cubrir unha ficha de inscrición para formalizar a súa adhesión ao Mes do Cocido e cumprir cos requisitos de calidade establecidos. Neste sentido o edil delegado indicou que “imos deixar ata o vindeiro luns para novas incorporacións”, para manter así aberta participación daqueles establecementos que o desexen nesta iniciativa que se desenvolverá do 15 de xaneiro ao 14 de febreiro de 2014.
Tamén lle expuxo o Plan de Calidade para este ano para seguir mellorando na prestación do servizo e para protexer o traballo ben feito. Repartiranse, como é habitual, os pins entre os establecementos asociados. Os restauradores amosaron o seu compromiso de continuar co
Compromiso de Calidade do Cocido de Lalín, poñendo como vén sendo habitual, un sistema de avaliación a través de enquisas.
PATROCINADORES
José Antonio Rodríguez tamén lle comunicou aos hostaleiros as novidades en canto aos patrocinios desta edición da Feira. Así anuncioulles que a nivel do sector de alimentación, a D.O. Monterrei e Embutidos Lalinenses volveron entrar e entraron como novos patrocinadores no eido da alimentación: Vermutería de Galicia e Aceites Abril (patrocinan a Feira do Pulpo do Carballiño e o San Froilán de Lugo). “Cremos que o sector se debería beneficiar dos patrocinios, de xeito que se poden facer actos promocionais directamente coa hostalería”, dixo, xa que se producirían sinerxias conxuntas, ao tempo que lle indicou aos hostaleiros estar abertos ás propostas dos hostaleiros. Tamén para esta 47 Feira do Cocido se contará cos patrocinios de: Espina y Delfín, Lalín Sostible, Symatec, GSI que repiten e Sabadell Gallego, que entra como novo patrocinador.
Tamén puxeron enriba da mesa o sorteo entre os seus clientes de paquetes turísticos completos con alonxamento, visitas guiadas, manutención unha iniciativa dos hostaleiros para a que o concelleiro de Turismo brindou a súa colaboración, e que ten como fin incentivar o atractivo para os visitantes.
Na reunión de hoxe participaron os seguintes establecementos hostaleiros: Las Palmeras, Agarimo, O Toxo e La Robleda, O Cazador, As Vilas, La Molinera, Currás, Taboada, O Polo, Restaurante Suso, Pontiñas, Bar Suso, Casa do Patrón, Cabanas, Villanueva, Casa Rural A Fonte do Souto (no Corpiño), Pazo de Bendoiro, San Martín 2 de Lalín. Desculparon a presenza de Torres do Deza e La Diligencia que tomarán parte no Mes, aínda que hoxe non puideron estar presentes.











