publicidade hoxe

Preséntase en Redondela o libro sobre Rita Otero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

A Concellaría de Cultura organiza a presentación do libro sobre a redondelá homenaxeada no ano 2014, Rita Otero, como colofón á exposición que se exhibe no multiúsos da Xunqueira e ao ano adicado a esta muller.

Celebrarase o vindeiro venres, 26 de decembro, ás 20.00 h, na Sala I do Multiúsos da Xunqueira, e contará coa presenza da autora da biografía, Sabela Álvarez Manzano.

Sabela Álvarez Manzano é unha xornalista natural de Vigo, licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pontificia de Salamanca, que na actualidade reside en Madrid. Compaxina o seu  traballo como asesora en proxectos de comunicación estratéxica para empresas e programación neurolingúística, cun destacado posto a nivel comercial para unha firma de telecomunicacións. Está especializada en programación e formatos televisivos, traballou como presentadora e guionista de programas para TVG e V Televisión.

O libro sobre Rita Otero que presenta elaborouno grazas á documentación conseguida a pé de campo en Redondela e entrevistando á xente que coñeceu a Rita Otero Fernández  dunha forma próxima e directa. Un labor que fixo por encargo da familia Regojo Otero á que a une un vínculo profesional e amigable a través do súa coautoría, hai xa tres anos, da biografía de Rita Regojo, fundadora de Aldeas Infantís SOS e primoxénita da homenaxeada.

O acto contará coa actuación musical do Cuarteto Altamira, un cuarteto de corda integrado por prestixiosos intérpretes da Filarmonía de Galicia.

22 de decembro de 2014 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.