Preséntanse as categorías do CB Xuventude Verín
Mañá sábado, a partir das 17.15 horas, o complexo deportivo de A Granxa acollerá a presentación das categorías do Club Baloncesto Xuventude Verín, co que colabora o Concello de Verín.
O obxectivo desta presentación é amosar a todos/as verinenses o traballo que se está a realizar no ámbito do baloncesto desde fai uns cantos anos. Por este motivo, desde a directiva do club quere realizarse unha pequena festa, na que os/as xogadores do club e amantes do baloncesto se acheguen ata o complexo deportivo de A Granxa para desfrutar durante unha tarde do deporte da canastra.
Na mesma, os/as xogadores/as da escola deportiva lucirán por primeira vez a equipación, ademais de exhibicións do equipo alevín, seguido do partido correspondente a 3ª División Galega entre o Xuventude Sénior e Academia Proxecto Valenzá. Un enfrontamento duro para o equipo local que busca dar un golpe de efecto la liga, tras vencer o último partido, e así acadar as primeiras prazas da terceira división.











