‘Postais solidarias interxeracionais’ para os maiores de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

“Felicita o Nadal as persoas maiores de Verín que están soas cunha postal solidaria”. Baixo este lema os departamentos de Educación Familiar e Servizos Sociais-Maiores do Concello de Verín promoven, un ano máis, a iniciativa ‘Postais Solidarias Interxeracionais’.

Na mesma participarán uns 300 menores pertencentes aos colexios CEIP Princesa de España, CPR Plurilingüe María Inmaculada, CEIP Amaro Refojo e Colexio Rural Agrupado de Monterrei (alumnos/as dos cursos de 4º, 5º e 6º de Primaria), que deseñarán e debuxarán as súas propias postais de Nadal.

As mesmas serán enviadas, nas próximas semanas, ás persoas maiores de centros residenciais e atendidos desde o servizo de Axuda a Domicilio do Concello de Verín. Todo co obxecto de concienciar aos menores da existencia de xente maior que non ten a ninguén co que compartir estas datas festivas, e que estas persoas reciban un agasallo especial por parte dos/as nenos/as. Ademais as postais con ‘maior calor humano’ serán publicitadas na web e no Facebook do propio ente municipal.

3 de decembro de 2014 | 12:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.