Portos de Galicia reforzará o dique de abrigo do peirao de Burela con bloques de formigón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaLocal Portada
A-
A+

Portos de Galicia reforzará con bloques de formigón o dique de abrigo do peirao do municipio lucense de Burela. Así o comunicou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona na que se solventarán os danos provocados polos temporais do pasado inverno.

En concreto, os temporais de mar de fondo do primeiro trimestre do ano provocaron importantes danos no dique de Burela. Os desperfectos máis importantes centráronse nos mantos de protección da aliñación final do dique (fronte ao peirao comercial) con perda dalgúns elementos que deixaron o manto e saturación precaria. A perda de bloques nos mantos de protección conleva que a estrutura quede parcialmente desprotexida ante a acción do mar con risco de derrubes e de operatividade de cara aos usuarios do porto.

As obras, que están a dar comezo nesta mesma semana, consisten fundamentalmente no reforzo do manto principal de defensa do dique, nunha zona de aproximadamente 370 metros de lonxitude. Para elo, colocaranse novos bloques de formigón de 50 toneladas nas zonas nas que se detecte a súa falla polo corrimento de algunhas unidades que deixan ao descuberto o manto interior. Os bloques serán fabricados previamente con medidas e xeometría similares ás dos existentes e posteriormente trasladaranse ata a zona do dique de Burela para a súa colocación cunha grúa de grandes dimensións.

Esta actuación enmárcase dentros das obras de maior envergadura para a reparación dos danos ocasionados polos temporais do pasado inverno. Coa súa execución, Portos de Galicia avanza no seu compromiso de devolver aos peiraos afectados a plena operatividade e seguridade antes da chegada do próximo inverno, de xeito que contribúa á manter as condicións de traballo axeitadas para os usuarios das zonas portuarias.

4 de decembro de 2014 | 20:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.