Pontevedra renova o convenio cos patrocinadores do Pazo da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O alcalde de Pontevedra e presidente do Pazo da Cultura, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a José Manuel Álvarez Gil (apoderado de Distribuciones Froiz) e Julio Armando Masid Bande (Director de concesiones de Viaqua). Ambos asistiron en calidade de representantes dos patrocinadores do organismo autónomo para asinar o convenio de colaboración para o presente ano.

O acordo alcanzado nesta reunión entre o Concello de Pontevedra, Distribuciones Froiz, S.A, Aqualia – Gestión Integral de Augas de Galicia S.A.U e outra entidade que non quixo facer pública a súa colaboración, ascende a un total de 13.000 !. A cantidade aportada (6.000!, 4.000! e 3.000 respectivamente) permitirá que xunto ao esforzo salientable por parte da xerencia do OO.AA. Pazo da Cultura, se poida manter e incluso aumentar a programación que cada ano conta cun presuposto máis axustado, conseguindo que isto non repercuta no prezo a pagar polo espectador.

Miguel Anxo Fernández aproveitou a ocasión para manifestar o seu agradecemento ás empresas pola súa aportación “xa que son as únicas colaboracións externas, polo que require un dobre agradecemento”. Lembrou o alcalde que “que estas achegas permiten manter a calidade e diversidade das actividades no Pazo da Cultura, a pesares da diminución das contribucións externas”.

4 de decembro de 2014 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.