Pontevedra prepárase para recibir de forma anticipada o 2015 coa San Silvestre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Mañá, ás cinco da tarde, na Avenida de Monteiro Ríos de Pontevedra, darase a saída á máis multitudinaria carreira San Silvestre da historia, son 4.439 os que se anotaron nesta e polo momento se levan entregados preto dos 3.000 números.

A Sociedade Ximnástica de Pontevedra e o Instituto Municipal de Deportes, organizadores da carreira, volveron de novo a sorprenderse ante o apoio que lle está a dar a cidadanía a unha carreira que será unha festa de despedida do ano 2014.

O percorrido dos 4 quilómetros de carreira será o seguinte: Avenida de Montero Ríos e paso polas rúas Marques de Riestra, Oliva, García Camba, Andrés Muruáis, praza de Galicia (a favor da circulación de vehículos), Augusto García Sánchez (por diante dos taxis), praza da Libertada, Raíña Victoria (por ambos os dous carrís), Alameda (por ambos os dous carrís), Doutor Enrique Marescot, Xeneral Martitegui, praza Concepción Areal, Condesa Pardo Bazán, Arcebispo Malvar, praza do Peirao, Barón, Enfesta de San Telmo, rúa da Pponte, praza Celso García De La Riega, praza Valentín García Escudero, Serra, avenida de Bos Aires, irmáns Sobrino Buhigas, Cruz Vermella, Padre Amoedo, Vide, praza da Verdura, Vide, praza Méndez Núñez, Vide, Real, praza Curros Enríquez, Soportais, Paseo Antonio Odriozola, praza da Peregrina, Michelena, Praza de España e avda. de Monteiro Ríos onde estará a meta.

Pero un pouco antes, ás catro e cuarto comezará o espectáculo de Zumba, para ir quentando o corpo, coa deportista Carla Novoa.

30 de decembro de 2014 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.