publicidade hoxe

Ponte Caldelas substitúe os canlóns e as baixantes do Centro Cultural e a Oficina de Turismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O alcalde de Ponte Caldelas Perfecto Rodríguez informou que durante esta semana se está procedendo á substitución dos antigos canlóns e baixantes do Centro Cultural da vila e da Oficina de Turismo.

En ambos os casos o antigo canlón atopábase moi deteriorado, provocando continuas pingueiras sobre a contorna. De feito o da Oficina de Turismo xa tivo que ser retirado antes do verán polo seu mal estado.

O novo canlón e as baixantes que se van a instalar son de aluminio lacado cor cobre, o que servirá tamén para mellorar a imaxe destes dous edificios de pedra xa que harmonizará mellor coas súas fachadas.

Nesta actuación o Concello vai investir ao redor de 2.800 euros, ao ser este o mellor orzamento das empresas que presentaron oferta.

Durante estes días haberá algunhas restricións de aparcadoiro nesa zona para posibilitar á realización desta obra.

1 de decembro de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.