Pepe Pozas e Alberto Corbacho enfocan no horizonte ao CAI Zaragoza

O Rio Natura Monbus Obradoiro exercítase xa para preparar o partido do próximo fin de semana como visitante contra o CAI Zaragoza (sábado 6, 19:00 horas – TVG2), analizando acertos e erros desta xornada, na que venceu ao Baloncesto Sevilla, para poder loitar polo sexto triunfo na campaña.

O base Pepe Pozas afirma valora de forma “moi positiva” o seu crecemento nas últimas semanas. O malagueño foi esta pasada xornada, un dos xogadores máis destacados, tanto asistindo como anotando: “a min impórtanme máis as asistencias, pero si que é verdade que cando en ataque estás acertado axúdache moito para todo o demais”. Mira xa á seguinte cita apuntando a que as claves contra os zaragozanos son “o ritmo de partido e unha defensa moi forte todo o encontro. Non nos vale só con 30 minutos bos, porque entón case seguro que non gañaremos”.

Pola súa banda, Alberto Corbacho recoñece sentirse “moi contento porque demos outro pasiño adiante cunha vitoria moi importante esta fin de semana”. Ademais, o beirado mallorquino afirma que “este é o camiño, a imaxe que temos que mostrar. Poderase gañar ou perder, pero o traballo do equipo foi excelente” e engade que “estamos unidos, con ilusión, e con ganas de seguir facendo gozar á nosa xente”. Autor de 15 puntos ante os de Audie Norris, non se conforma e pensa en clave de futuro: “toca seguir mellorando, aínda que desta vez poida axudar ao equipo a conseguir a vantaxe ao principio”. “Zaragoza é unha cancha difícil, esperemos sacala xa dunha vez da lista negra”. Con respecto a estes últimos meses da primeira volta, afirma: “Imos seguir facendo a mellor tempada posible, sen esquecernos do noso obxectivo, pasiño a pasiño. Quédanos un calendario moi difícil, pero nós ímolo a tentar”.

Os xogadores tampouco quixeron perder a oportunidade de pronunciarse sobre a concesión da Copa do Rei 2016 á Coruña, co club santiagués como anfitrión designado. “Eu o ano pasado vivín a de Málaga, vendo todo o que fai un equipo e é algo incrible, ideal para soñar e para que toda a xente de Galicia que segue o baloncesto poida gozar deste deporte”, declara Pozas. Afirma tamén que é un premio para o Rio Natura Monbus Obradoiro, “por ser capaz de encher o pavillón de afeccionados durante cinco anos seguidos, cunha estrutura de club modesto pero modélico e exemplar”. Corbacho asegura que Galicia llo merece: nós estamos na liga Endesa, pero tamén hai tres equipos en LEB e moito máis baloncesto, así que Que mellor lugar que este?”.

1 de decembro de 2014 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.