Partido Solidario no Fontes do Sar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro celebrará o próximo 13 de decembro o último partido antes do Día de Nadal, contra o Tuenti Móbil estudantes (20.00 horas – non televisado), cita que sempre aproveita o club para sacar un sorriso aos máis desfavorecidos nestas datas tan sinaladas.

É por iso que coa colaboración de Gadis, membro do Club de Empresas Obradoiro, este encontro será o Partido Solidario, no que os afeccionados se poderán beneficiar de diferentes descontos pondo o seu gran de area coas seguintes causas solidarias que o club propón.

Todos os afeccionados que acudan ás oficinas cun ticket de compra en Gadis dun importe de 40 euros ou máis, poderán comprar até catro entradas por 9 euros cada unha, situadas en Tribuna 2. Ademais, Gadis comprométese a doar un quilo de alimentos non perecedoiros por cada ticket que sexa usado para con esta promoción.

Ademais, o club tamén se quere acordar dos máis pequenos que non poden pasar este Nadal na súa casa. É por iso que cada afeccionado que traia un xoguete novo, ademais de colaborar nesta causa, tamén poderá adquirir as súas entradas a 9 euros en Tribuna 2. Serán os propios xogadores do Rio Natura Monbus Obradoiro os encargados de repartir daquela os xoguetes recadados nos centros hospitalarios da cidade.

Doutro xeito, o prezo xeral das entradas para a ocasión é de 29 euros en Tribunas Retráctiles, 24 euros en Tribunas 1 e 19 euros en Tribunas 2 e Fondos. Os Prezos Reducidos para menores de 18, estudantes menores de 25, maiores de 65 ou desempregados e federados do ámbito do baloncesto, serán de 19 euros en Tribunas 1 e 15 euros en Tribunas 2 e Fondos.

As entradas poden adquirirse a través da páxina web do club (www.obradoirocab.com) ou nas oficinas, situadas no propio Multiusos e con horario de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

1 de decembro de 2014 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.