publicidade hoxe

Papá Noel visita aos cativos da Escola Deportiva Xuventude Oroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+
Visita de Papá Noel

Visita de Papá Noel

Os nenos e nenas das categorías biberón, prebenxamín e benxamín da Escola Deportiva Xuventude Oroso recibiron a visita sorpresa de Papá Noel no campo municipal de fútbol de Sigüeiro. Unha visita na que aproveito para entregar agasallos, participar nunha pequena merenda e recoller as cartas ou escoitar as últimas peticións dos pequenos.

Para a xornada de mañá martes 23 de decembro, o Concello de Oroso ten programada unha actuación de maxia a cargo do mago Martín Camiña. “Intres de ilusionismo” é un espectáculo recomendado para todos os públicos e poderá seguirse a partir das 18:00 horas no centro cultural de Sigüeiro. Previamente, a partir das 10.30 horas, o propio centro cultural acollerá un Obradoiro de Decoración de Nadal de Cupcakes para nenos de 3 a 12 anos.

22 de decembro de 2014 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.