Papá Noel recollerá as peticións dos nenos no centro histórico de Pontevedra
En plena semana de festas, o Concello de Pontevedra organiza diversas actividades de animación de rúa en distintos puntos da cidade.
Mañá, 23 de decembro, de 18 a 20 horas Rivel Animación fará actividades de Nadal por toda a Zona Monumental. Repetirao o vindeiro 30 de decembro.
Papá Noel tamén paseará mañá polas rúas da Zona Monumental. Será de 18 a 20 horas, e o mesmo día de Noiteboa pola mañá de 11 a 13 horas.











