publicidade hoxe

Papá Noel chegará a Neda en kaiak

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Neda recibirá a próxima semana a visita de Papá Noel. Será o martes, 23 de decembro, un día antes de comezar a súa agotadora xornada co reparto de agasallos por todos os fogares. No caso da real vila, recurrirá a un medio de transporte alternativo ao trineo, xa que chegará ao paseo marítimo en kaiak.

E non estará so, posto que virá acompañado dos seus renos buceadores. O Concello de Neda e a Asociación Medio Ambiental e Sanitaria Los Delfines volven a colaborar nesta iniciativa, xa que administración e entidade cursaron a invitación para que Papá Noel visitase a real vila. Todos os nenos e nenas que desexen saudar a Papá Noel e trasladarlle as súas peticións poden esperalo no paseo marítimo a partires das 16,30 horas.

Así mesmo, e para facilitar a asistencia, o Concello decidiu poñer a disposición da veciñanza un servizo de transporte público especial que partirá do Puntal ás 15,30 horas. O seu percorrido inclúe paradas na Casa da Cultura de Neda, Muchiqueira, Cruz do Pouso, Liñares, Cobeluda, Igrexa de Anca, Porta da Pena-Viladonelle, O Roxal e Mourela de Abaixo. Así mesmo, a concelleira de Turismo, Montse Rico, avanza que ten a comunicación oficial de Papá Noel de que este virá acompañado de sorpresas para os máis pequenos da casa.

16 de decembro de 2014 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.