Papá Noel chega a Salvaterra polo río Miño
O vindeiro mércores 24 ás 16.00 horas chegará Papa Noel polo Río Miño ao embarcadeiro do antigo transbordador, despois en carro de cabalos percorrerá as rúas da vila e as 17.00 estará cos mais cativos na Praza do Concello de Salvaterra de Miño.
E o sábado 27 de decembro realizarase a “San Silvestre Solidaria entre Monçao e Salvaterra”, 5km que percorrerán as rúas das dúas vilas unidas pola ponte Internacional.











