Papá Noel aterriza en Fexdega para recoller os pedidos dos nenos de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A véspera da Noiteboa tamén será unha data moi especial para os nenos e nenas de Vilagarcía xa que terán a oportunidade de facer chegar directamente a Papa Noel os seus desexos para o Nadal. O habitante máis famoso da Laponia aterrizará mañá pola tarde en Fexdega para recoller os pedidos dos cativos con tempo suficiente para encher o seu trineo antes do Nadal.

Papa Noel visitará Vilagarcía en resposta á invitación realizada pola Concellería de Xuventude, que dirixe Sandra García, para que os nenos e nenas da cidade puideran ver en directo a este afable velliño de barba branca e traxe vermello. Papa Noel, virá acompañado dun dos seus paxes para recibir a todos os cativos entre as 17:30 e as 19:30 horas.

A Concellería elixiu Fexdega para organizar esta visita dadas as facilidades de estacionamento que ofrece o recinto e tamén tendo en conta que serán moitos os nenos e nenas que acudan ao pavillón para asistir ao Arosa Park que se celebra estes días nas instalacións municipais e que así tamén terán a oportunidade de ver a Papa Noel.

22 de decembro de 2014 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.